O alumnado de 6º de Primaria recibiu uns convidados de luxo para levar a cabo unhas entrevistas sobre dúas disciplinas deportivas: o motor e o baile.
Eles son Román e Mariquiña. Os dous nos contaron que os seus comezos non foron sinxelos pero unha vez que atoparon o que lles movía por dentro, non puideron deixar de pelexar polo que querían.
Román comezou con gaita e baile tradicional galego pero en canto probou o baile de salón soubo que era o que en realidade tiña que facer. Viaxou por moitos lugares do mundo e contounos que ser rapaz e bailar non era algo moi popular, os rapaces ían a baloncesto ou deportes de balón. Está moi contento de que isto vaia cambiando e anímanos para que nós tamén fagamos o que de verdade nos gusta.
Mariquiña, xa con 8 anos, tivo claro que o mellor do mundo era ser piloto e viuse moi respaldada pola súa avoa porque para os seus pais era unha tolemia pensar nun deporte tan perigoso. Desexa que algún día chegue a ser o seu medio de vida, de momento para ela é un “hobby” tanto a disciplina de slalom coma o rally. Vese moi arroupada polo seu equipo técnico, que a anima sempre a tirar para diante.
Non imos mentir, nas nosas cabeciñas asociabamos o coche de carreiras cun rapaz e o baile cunha rapaza pero xa vimos que o que importa é atopar algo que nos faga sentir paixón e esforzarnos en conseguilo.
Así que grazas Román e Mariquiña por lembrárnolo.