Aprendendo sobre ROMA
Que sorpresa levamos cando na nosa clase apareceron: un casco, un escudo e unha espada. Pero… a quen pertencían? Pensamos se eran duns indios, dos cabaleiros…. Decidimos ver imaxes en Google, e comprobamos que lle correspondían a un romano.
Así foi como comezamos a nosa investigación, na que a colaboración das familias foi fundamental: esculturas, documentos, murais, exposicións, powerpoints, fotos …
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
A partir de toda esta información, e a que nós mesmos atopamos, creamos os nosos Panteóns con plastilina e palabras relacionadas co tema; fixemos un photocall, xogamos ás palabras secretas co vocabulario sobre Roma, elaboramos medallóns… e cun esquema dos contidos aprendidos realizamos o noso mural final.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]
Despois destes meses de traballo, somos expertos en coñecementos sobre Roma.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]