Aprendendo sobre ROMA

Que sorpresa levamos cando na nosa clase apareceron: un casco, un escudo e unha espada. Pero… a quen pertencían?  Pensamos se eran duns indios, dos cabaleiros…. Decidimos ver imaxes en Google, e comprobamos que lle correspondían a un romano.

Así foi como comezamos a nosa investigación, na que a colaboración das familias foi fundamental: esculturas, documentos, murais, exposicións, powerpoints, fotos …

A partir de toda esta información, e a que nós mesmos atopamos, creamos os nosos Panteóns con plastilina e palabras relacionadas co tema; fixemos un photocall, xogamos ás palabras secretas co vocabulario sobre Roma, elaboramos medallóns… e cun esquema dos contidos aprendidos realizamos o noso mural final.

Despois destes meses de traballo, somos expertos en coñecementos sobre Roma.

Moitas grazas familias, sen a vosa colaboración non o conseguiríamos!