Semana da moda no Santiago Apóstol

Os alumnos de 3º de Primaria, durante varias semanas, realizamos moda en miniatura. Trouxemos das nosas casas diferentes prendas dos nosos bonecos ou de cando eramos máis pequenos. Outros confeccionámolas con materiais variados: plastilina, papel, tea. Escribimos unha etiqueta co nome da prenda en inglés, e fixemos unha presentación nesta mesma lingua para os nosos compañeiros da clase, explicando o que levabamos posto.

We are wearing…

Fomos moi creativos e os nosos deseños crearán tendencia!

Post relacionados

Educación vialEducación vial

A importancia dun segundo

Os alumnos de 4º de ESO, A e B, asistiron o día 21 a unha charla sobre os perigos de conducir baixo os efectos do alcohol ou drogas, ou de acompañante nun coche no que o seu condutor estivese baixo estes efectos.

(máis…)