Semana da prensa en infantil

Na sesión de filosofía, esta semana traballamos con periódicos.

Os piratas e os astronautas inventamos noticias a partir de imaxes publicadas na prensa. Para facelo, observamos ben os obxectos e as emocións que expresaban as persoas que aparecían nelas.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Os magos e os arqueólogos buscamos diferentes noticias interesantes da actualidade e debatemos sobre elas.

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Cabaleiros e submarinistas fixemos hipóteses sobre a portada do periódico dixital: manifestación do 8 de marzo.

Como había moita xente, a algúns nos semellaba unha festa, unha banda de música, o público dun partido de fútbol, unha feira, unha reunión… Outros apuntaron a que era unha folga.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Foi moi interesante traballar coa prensa.

Post relacionados