Semana da prensa

Durante a semana da prensa fixemos distintas actividades utilizando xornais.

Os máis pequenos da escola manipulamos xornais e identificamos distintas emocións e clasificámolas. E, tamén nos servu para profundar no proxecto dos transportes que estamos a traballar nas aulas de tres anos.

Os alumnos de catro anos manexamos varios tipos de prensa, e analizamos as partes dunha noticia. Cada neno escolleu unha e explicou o que cría que pasara tendo en conta a fotografía e, por último, compuxemos o nome con letras de periódico.

Os de 5 anos buscamos palabras nos periódicos, clasificamos emocións tendo en conta o inspector Drilo, falamos e debatemos sobre distintas noticias.

Post relacionados