Hai uns días o alumnado de 5º de primaria realizou un taller de nutrición nun supermercado próximo.




Aprenderon que debemos consumir produtos de tempada, de proximidade e de todas as cores para estar sans e en forma.


Aproveitamos a saída para seguir traballando estes conceptos en distintas áreas como galego, ciencias e matemáticas.

