VIII Concurso de debuxo Picasso

O pasado venres 9 de xuño tivo lugar na cidade da Coruña a entrega de premios do VIII concurso de debuxo Pablo Picasso, organizado pola Asociación de Prensa da cidade, no cal foron recoñecidos os traballos dos nosos alumnos Inés Mosquera Martínez (1° ESO) e Iago Vidal Caneiro (4° ESO), ambos cun accésit na súa categoría.

Parabéns!

Post relacionados

Incorporación gradual dos alumnos para o curso 2020/21Incorporación gradual dos alumnos para o curso 2020/21

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de  4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
2. O día 11 de setembro 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
3. O día 23 de setembro 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
4. O día 24 de setembro 3º de educación secundaria obrigatoria.
5. O día 25 de setembro 4º de educación secundaria obrigatoria e formación profesional básica.

1ª Xornada de convivencia1ª Xornada de convivencia

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

(máis…)