Os alumnos de 1º da ESO, acompañados polas nosas titoras, asistimos, o día 8 de novembro, ao Centro de Innovación e Servizos (CIS) da Tecnoloxía e o Deseño en Ferrol.
Dividíronnos en varios grupos. Fomos rotando polos distintos talleres, que resultaron curiosos, divertidos, e moi prácticos. Ademais, grazas a esta visita coñecemos mellor o traballo que realizan os investigadores e os estudantes da Universidade da Coruña.
A verdade é que conseguiron espertar a nosa curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía.



Agradecémoslle a todo o persoal o tempo e a atención que nos dedicaron.