O día 10 de febreiro, visitounos Gema Castillo, misioneira da ONG Manos Unidas que desenvolve o seu labor no colexio de Lisaki, na República Democrática do Congo.
Explicounos, ao alumnado de 6º de EP, como a vida dos nenos e nenas de alí é moito máis dura que a nosa, pero non por iso deixan de ser felices e ter moitas ganas de aprender e ir o colexio.
Ensinounos costumes e palabras no idioma local.
Deixámosvos cun vídeo resumo dalgúns momentos da charla.
Imos colaborar vendendo materiais da campaña para tentar axudar.
Moitas grazas por vir ao noso cole!