Despois de tantos meses, por fin, estamos de volta!
Nin sequera os tapabocas poden agochar os nosos sorrisos por estar xuntos de novo.
Algúns incorporáronse por primeira vez, e non faltaron as bágoas por separarse dos papás e das mamás.
É un curso diferente e cheo de retos, pero entre todos conseguiremos que sexa xenial.