Os alumnos de quinto de primaria téñenvos preparado un desafío.
A ver se sodes capaces de adiviñar cal foi o pintor que estiveron a traballar…. Aí van as pistas!
Empregaba cores oscuras, gustaba moito das raias curtas para debuxar e empregaba liñas curvas na maioría dos seus cadros.



Estamos seguros de que xa sabedes por onde imos, a que si?
Efectivamente, traballamos diseños de Vincent Van Gogh.




Amosámosvos a continuación as nosas obras de arte que cumpren coas características do estilo deste grande pintor.