No programa TEI hai unha serie de actividades que se ralizan co alumnado:

actividades de titoría e de formación (cos titores), e actividades de cohesión (cos titores e titorizados).

Antes das vacacións de Nadal, celebrouse unha Xincana na que os titores e titorizados fixeron un labor moi importante de colaboración, respecto e empatía.

En Primaria, todos os equipos levaron un diploma pola súa participación e houbo diferentes recoñecementos: mención para os equipos máis cooperativos, para os máis respectuosos, para os máis graciosos, para os máis eficaces…

En secundaria, houbo dúas categorías de gañadores: un grupo de titores e titorizados e unha parella de titor e titorizado/s.

PASÁMOLO XENIAL, SEN DÚBIDA REPETIREMOS!