Xornada medioambiental

O 10 de marzo, os alumnos de sexto de Primaria, participamos nunha plantación nun tramo da senda peonil e ciclista entre Freixeiro e Xuvia (no Camiño da Veiga).

Os alumnos plantaron “freixos e árbores do amor”. Os exemplares quedaron identificados cos nomes dos rapaces e rapazas.

O CPR Santiago Apóstol colabora con esta actividade medioambiental desde hai varios cursos, plantando en diferentes ubicacións do concello: Sedes, A Gándara e Xuvia.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Parques e Xardíns, Ibán Santalla, participaron na convocatoria xunto a responsables da planta de Cementos Tudela Veguín, do grupo Masaveu.

Antes de regresar, degustamos un aperitivo para recuperar as forzas nas instalacións do Centro Cívico Social de Piñeiros.

Grazas á Corporación Masaveu e ao Concello de Narón por invitarnos!

Post relacionados