Axudas libros de texto 2024/25

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2024/25, o procedemento ED330B: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO). Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/24.
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.
  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Normativa: ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo de presentación: desde o 21/05/2024 e rematará o día 21 de xuño de 2024. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

Presentación

Electrónica: Utilice a aplicación fondolibros (deberá presentar unha solicitude por cada fillo).

Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

Máis información

Post relacionados

Axudas NEAE 2022/2023Axudas NEAE 2022/2023

Axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2022/2023

Convocatoria: Resolución pola que se convocan as axudas; Anuncio da convocatoria (BOE do 18 de maio de 2022)

Prazo aberto ata o: 30 de setembro de 2022 (inclusive)

As axudas citadas soamente están destinadas a aqueles alumnos que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da súa discapacidade ou transtorno grave de conducta, ou ben, asociados a altas capacidades intelectuais.

Tramitación

Realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.

Máis información na web do Ministerio de Educación.

Axudas material escolar (Concello de Narón)Axudas material escolar (Concello de Narón)

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E ESCOLAR DO ALUMNADO MATRICULADO EN CENTROS PÚBLICOS OU CONCERTADOS DO CONCELLO DE NARÓN NO CURSO ACADÉMICO 2016-2017

Beneficiarios: Familias empadroadas en Narón cunha antigüidade mínima de seis meses á data da solicitude ou da convocatoria das axudas con fillos escolarizados nos niveis educativos que se detallan de seguido:

Niveis educativos: Educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de ciclos medios, Educación secundaria de Adultos e centros de Educación Especial.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o día 16 de setembro ata o día 30 de setembro de 2016 (ambos inclusive) en horario de 8:30 horas a 13:00 horas.

Información e Solicitudes: Servizo Sociocomunitario municipal (1ª planta do Concello de Narón).