1ª EDICIÓN
“MINI CHEF Santiago Apóstol”
O 19 de decembro os profesores de 3º e 4º de primaria organizamos cos nosos alumnos un concurso de cociña infantil.
INGREDIENTES
- Carteis anunciando o concurso.
- Un xurado formado por catro compañeiros de 5º de primaria: Anahí, Mateo, Álex e Leire.
- Un prato para cada neno.
- Un chisco de ilusión.




ELABORACIÓN
O máis importante foi a estupenda acollida que a idea tivo tanto pola parte dos nenos coma pola das súas familias.










Por suposto, o interese que puxo o xurado, quen en todo momento tomou a tarefa moi en serio: reflexionando, observando e debatendo cal sería a decisión máis acertada.


A súa conclusión foi a seguinte:
1º PREMIO: Alicia Fernández Varela
2º PREMIO: Jana Cano Grueiro
3º PREMIO: Carmela Ramos Fustes



E o mellor mellor de todo… a degustación; pena non ter foto de como deixamos os pratos en sinal do boísimo que estaba todo.



Moitas grazas a todos pola vosa participación!