Apaixonado polo fútbol
Rubén ensinounos o bo deportista que é, sobre todo, un gran futbolista. Veu acompañado do seu pai Fernando, e amosounos algunhas fotografías que o confirmaban.
Pero, moito mellor mostrarnos, en directo, as súas habilidades coa pelota. Así que, co seu balón e as súas luvas de porteiro favoritas, fomos á pista onde nos confirmou que é magnífico tirando penaltis e parándoos.

Intentou que os demais aprendésemos a tirar faltas con barreira, e, como remate final, xogamos un divertido partido de fútbol, no que o seu pai fixo de árbitro.


Por último, repartiunos unha “chocolatina-pelota” a cada un.
Pasámolo xenial!

