Aproveitando os proxectos iniciados no mes de marzo na etapa de Infantil, cada curso investigou acerca de mulleres importantes en diferentes ámbitos. Os alumnos de 3 anos investigaron artistas participantes no museo ao aire libre das Meninas de Canido, no curso de 4 anos indagaron sobre inventoras galegas, e en 5 anos coñeceron mulleres pioneiras.
Despois da fase de investigación chegou a fase de produción e difusión e crearon O Museo das Mulleres que tivo a visita de toda a comunidade educativa.