A nosa “xinete”
Candela veu acompañada dos seus pais. Encántanlle os cabalos e vai a clases de hípica. Veu preparada coa roupa especial para montar a cabalo: chaleco, mallas, casco, botas… Amosounos un vídeo dela co seu cabalo.
Explicounos as diferentes partes do cabalo e todo o necesario para poder montar nel.
Tamén cantou e nos ensinou o ben que fai ximnasia. Para rematar, coloreamos un debuxo no que nós eramos os xinetes.
Pasámolo fenomenal!
Grazas a Candela e á súa familia!