Os alumnos de quinto de primaria visitamos o Castro de Viladonga e a Muralla de Lugo.
En canto chegamos ao Castro de Viladonga vimos unha película breve sobre as súas orixes e formación.
Despois, fixemos un traballo de investigación dentro do Museo.
Como achamos rapidamente as respostas, tivemos tempo para merendar e brincar.
A continuación, realizamos un taller de cerámica.
Xa, rematando a mañá, a guía levounos dar un paseo polo Castro de Viladonga.
Pola tarde, fixemos unha pequena andaina pola Muralla de Lugo.
Pasamos un día estupendo!