Os alumnos de 5º visitamos o Castro de Viladonga, alí fixemos diversas actividades:
Taller de cerámica


Búsqueda de información no Museo para cubrir unhas fichas.



Percorrido polo Castro en compañía dunha guía.
Para xantar fomos a Fonmiñá, na procura de sombra…




Pola tarde achegámonos ata Lugo e demos un breve paseo pola muralla porque ía demasiada calor.
Aínda que suamos abondo, pasámolo moi ben!