Pedroso 2019

O pasado 26 de abril, os nenos de 5º de primaria viaxaron a Pedroso para facer dous obradoiros de forma artesanal: cestería e coiro.

Mentres un grupo traballaba en equipo na cestería dándolle forma a unha preciosa cestiña seguindo as instrucións das monitoras, o outro grupo facía os moedeiros de coiro, pasiño a pasiño, debuxando con plantillas, recortando, furando e cosendo, con cordas de coiro.

Pasárono xenial, gozaron dun día diferente e todos levaron para a casa cadansúa carteira e cestiña.

ATA A PRÓXIMA SAÍDA!

Post relacionados

O son do arO son do ar

Os alumnos de sexto de Primaria, o día 9 de xaneiro, fixemos unha saída de aula aberta ao parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Chamounos moito a atención que este parque estea entre as provincias de Lugo e a Coruña. VAIA LÍO!

(máis…)