Creactivity

Obradoiro itinerante

Os días 20, 21 e 22 de outubro, os alumnos de cuarto, quinto e sexto de Primaria participamos no obradoiro itinerante da fundación “la Caixa” situado na PRAZA DA GÁNDARA (zona pista multideporte).

Trátase dun espazo deseñado para espertar o enxeño, a destreza e a creatividade dos nenos.


Este novo proxecto itinerante ten por obxecto fomentar o deseño e desenvolvemento de solucións orixinais para problemas sinxelos. Os nenos participan en obradoiros con materiais cotiáns e ferramentas de baixa e alta tecnoloxía para dar vida ás súas propias ideas.

“Creactivity” toma forma dentro dun autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade. O vehículo está equipado por dentro con bancos, mesas de traballo e diversas probas dispostas para os escolares.

O espazo conta con diferentes áreas para poñer en práctica distintas habilidades: a zona da Mecánica, con espazos de engrenaxes, mecanismos, bólas e máquinas de pinball; a zona do Vento, con tubos de vento; a zona da Electricidade; e a zona da Luz, co sistema stop motion.

Caracterizado pola súa compoñente lúdica e de colaboración, o espazo permite investigar cos materiais, planificar, crear novos deseños, usar materiais comúns e buscarlles novas funcións, a través de propostas abertas e interdisciplinarias que abranguen a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, a arte e as matemáticas. Tamén se traballan outras competencias transversais: hábitos de aprendizaxe cooperativa, autocoñecemento para a aprendizaxe e a creación e realización de proxectos.

Inspirado no movemento Tinkering do Exploratorium de San FranciscoCreactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.

A visita realizouse baixo o protocolo de seguridade e hixiene contra a COVID-19.









Post relacionados

Jóvenes talentos. Relato corto.Jóvenes talentos. Relato corto.

Paula Novo Purriños, alumna de 2º de ESO, participó en la 57ª edición del Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto (Fase Provincial), y es una de las tres clasificadas en el sector de Ferrol.

Hay que esperar a la gala de entrega de premios en la que, junto a los demás clasificados de otros sectores, conoceremos en qué posición queda. ¡Esperamos que sea en la primera! ¡Estamos muy satisfechos!

¡ENHORABUENA, PAULA!