Contra a violencia de xénero

O alumnado do colexio participou na conmemoración do 25 de novembro con diversos actos.

Durante a primeira parte da mañá, todos os alumnos ataron nunha celosía que, posteriormente, levaron á Praza da Gándara, as súas mensaxes escritas nunhas fitas moradas. De modo simbólico, e á carón do monumento á muller, un alumno, en representación de cada curso, anoou a súa mensaxe.

A continuación, alumnado TEI de Primaria fixo a representación lida dun conto; alumnos de cada curso de ESO e FPB leron uns manifestos; e alumnos de Infantil portaron unha pancarta a favor da igualdade.

O acto contou coa presenza da Alcaldesa de Narón, a Concelleira de Igualdade, representantes dos partidos políticos, representantes da Asociación de Veciños, e rematou cunha ofrenda floral ao monumento da muller.

Post relacionados

II Edición premios á excelencia académicaII Edición premios á excelencia académica

Co fin de premiar a aqueles alumnos dos centros que destacaron non só polo seu expediente académico, senón tamén polo seu esforzo e superación persoal, o compañeirismo e a solidariedade, a CECE Galicia celebrou o pasado sábado, 22 de xuño, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC), (ás 11:00 h.) a segunda edición dos premios galegos de excelencia académica.

(máis…)