Alicia a bailarina de ballet inclusivo
A semana do 25 ao 30 de novembro a protagonista foi Alicia. O mércores veu acompañada da súa nai, Emma, e a súa irmá, Inés.

Cunha presentación no ordenador, coñecemos un pouco máis a Alicia e á súa familia. Descubrimos que a súa gran afección é o ballet.

Como actividade para compartir, gozamos dunha clase “súper divertida” de ballet.
Practicamos diferentes posturas de ballet que nos foi ensinando Alicia.
E, como calquera outra actividade, o ballet é para nenas e nenos.

E, para levar á casa, fixemos a nosa propia parella de baile!
Moitas grazas a Alicia e á súa familia!
