Unha das nosas compañeiras de cuarto de Primaria,Gabriela, atopou tres minerais diferentes: basalto, mármore e cuarcita e decidiu traelos ao colexio para amosárnolos.
Os estudantes de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante este primeiro trimestre, un proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar, no colexio, unha recollida planificada de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas. Os alumnos distribuíron, por niveis e cursos, unha serie de formularios de pedidos a cada un dos delegados das distintas aulas.