Pedido solidario

Os estudantes de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante este primeiro trimestre, un proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar, no colexio, unha recollida planificada de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas. Os alumnos distribuíron, por niveis e cursos, unha serie de formularios de pedidos a cada un dos delegados das distintas aulas.

Con este proxecto acadamos dous obxectivos fundamentais: por unha banda, colaborar con esta asociación e, por outra, investigar de forma máis práctica a materia de Pedidos, que se imparte neste segundo ano do ciclo de Servizos Administrativos.

Agradecemos a participación de todos os estudantes e das súas familias porque, sen eles, non se terían recollido case 400 quilogramos de comida.

Moitas grazas.

Post relacionados