Un primeiro ano cheo de vivencias

Os nenos e nenas de 4º de Infantil rematan este curso cheo de primeiras experiencias e aprendizaxes.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo das nosas aventuras. Desexamos que vos guste!

Post relacionados

Visita de Marián FerreiroVisita de Marián Ferreiro

O alumnado de Infantil está a traballar, no marco do proxecto SEMGAL, sobre diferentes mulleres importantes da nosa bisbarra e comunidade. O obxectivo é retratar a esas mulleres no muro do noso cole.

Os de 6º de Educación Infantil, ao descubrir a obra realizada polo concello que embeleceu o noso muro, ademais dos valores que transmite, escribíronlle unha carta a Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, para pedirlle axuda no seu proxecto, e poder continuar o mural incluíndo ás mulleres que coñeceron durante este curso: Rosalía de Castro, Chelo Loureiro, Ángeles Vilariño, Menchu Lamas

A súa sorpresa foi enorme cando a alcaldesa se presentou no centro para ler a súa carta e poder escoitalos. Emocionáronse moito coa visita.