Unha mañá, cando os nenos de catro anos chegamos á aula de psicomotricidade, atopamos unha maleta chea de sorpresas: un pasaporte, un mapa, 2 quebracabezas, unha memoria USB cos debuxos de Willy Fog… Así foi como comezamos este proxecto.
As nosas familias axudáronnos a investigar e trouxemos moitas cousas de diferentes países do mundo. Elaboramos un mural co mapa do traxecto que fixo Willy Fog en 80 días.
E construímos o noso disfrace… Que mellor que ir de mundo!
Primeira parada da viaxe: Londres.
Xa sabemos moitas cousas sobre esta cidade e sobre Reino Unido. Non podes visitalo sen tomar o té… Ás 5 da tarde en punto!