Xornadas do taller de corresponsabilidade

O alumnado de 6º de Educación Infantil recibiu unha visita moi especial no mes de maio, a de Raquel, do Concello de Narón, quen lle impartiu unhas entretidas xornadas dun taller de corresponsabilidade.

As actividades foron variadas e lúdicas. Os nenos falaron acerca do reparto de tarefas no fogar, fixeron pan segundo o conto de “Maruxa”, puxeron a mesa ou tenderon a roupa, entre outras propostas.

Divertíronse moito aprendendo e participando das tarefas cotiás.

Post relacionados