Happy Easter!

Un ano máis, o alumnado de Primaria celebra a Pascua para lembrar vocabulario que xa tiñamos un pouquiño esquecido: Easter, bunny, chick, egg, spring, chocolate

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Fixemos tarxetas para felicitar aos nosos familiares e amigos, decoramos murais, xogos de emparellar debuxos similares e cestiñas para recoller os ovos de Pascua que atopabamos polas clases.

O que máis nos gustou foi a búsqueda de ovos de chocolate e a sorpresa dun Easter bunny moi simpático que tiña un parecido con Paula, a secretaria. Somos uns lambóns!

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Tamén houbo un concurso entre cuarto, quinto e sexto e sorprendémonos do imaxinativos que somos decorando ovos de verdade. Aquí vos deixamos unha mostra da nosa orixinalidade e do moito que traballamos.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Parabéns aos gañadores e a todos os participantes porque o fixestedes realmente ben. Estamos moi orgullosas de todos vós e da colaboración dos vosos pais!

 

0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0

Post relacionados

Visita ao MuncytVisita ao Muncyt

Cos nosos alumnos de 3º curso de Educación Primaria visitamos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña para establecer un acercamento ao coñecemento, á cultura e á educación científica a través das coleccións históricas de ciencia e tecnoloxía.

(máis…)