Construímos sen parar!
Esta semana a nosa estrela foi David. El e a súa nai faláronnos dos gustos culinarios de David.
Despois, ensináronnos a súa habilidade: Construír. Fíxonos unha demostración coas súas construcións e co xogo de “jenga“, do altas que chegan a ser as súas torres. Encantounos e mesmo quixemos probar todos.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Ademais, David é un gran afeccionado a Star Wars, veu disfrazado de Darth Vader e usou a súa forza para esconder, no patio, un tesouro que tivemos que atopar…
Unha caixa de galletas dunha galaxia non moi distante!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]