Cultivando corpo e mente

Pasamos a tarde con Miguel e a súa nai Beatriz. Fixemos unha chea de actividades.


Empezamos lendo un pouco, e quedamos alucinados:

que ben que le Miguel, que marabilla!

Despois da lectura, decidimos xogar un pouco.

Miguel ensinounos como xogar ao xadrez, e demostrounos as súas habilidades.


Por grupos botamos unhas partidas a uns xogos “superdivertidos”.

Pasámolo xenial cos nosos compañeiros.

Saímos fóra a tirarlle uns penaltis a Miguel quen trouxo o seu equipamento de porteiro.


Por último, e para deixarnos un bo sabor de boca, unha gran merenda: ummmmmm!

Moitas grazas.