Viaxando no tempo
Durante o mes de xaneiro, os nenos de 5 anos viaxamos no tempo para coñecer a civilización Inca.
Partindo do xogo das palabras secretas, coñecemos moito vocabulario quechua e elementos importantes desta civilización.
Son moitas as aportacións feitas polas familias: coroas de Sapa Inca, fotos, follas de informacións, instrumentos…
A familia de Alicia fixo un quipu e explicounos o seu funcionamento. Foi moi curioso saber como facían inventario da alimentación con cordas de cores e como representaban os números cos nós.
Moitas grazas a todas as familias.
Esperamos que nos sigades acompañando nas nosas viaxes.