Hoxe, os alumnos de 5ºA, tivemos a visita dunha empregada do Eroski Center, Ana, que nos veu a dar unha charla sobre a nutrición.
A continuación, fomos nun microbús ata o Eroski Center que hai no polígono da Gándara.


Ao chegar, Ana explicounos como estaban organizadas as distintas seccións do súper.


Tralo percorrido agardábanos unha merenda moi saborosa!
Ademais tamén nos tiñan preparados uns xogos relacionados co tacto e co gusto.


Antes de irnos, unha sorpresa máis… déronnos un agasallo a cada un!


Moitísimas grazas a Ana e a todos os traballadores polo tempo e cariño que nos adicaron.
Pasamos unha mañá estupenda!