Área recreativa de Pedroso

Os alumnos de sexto de primaria, o día 15 de marzo, fomos á área recreativa de Pedroso. Contorna ideal para pasar un día en familia xunto ao río Xuvia, que en case todo o seu perímetro é Zona Natural Protexida.

Pasamos a mañá facendo un obradoiro de coiro, onde aprendemos a traballar con este material.

Fixemos unhas marabillosas carteiras con cordóns de diferentes cores.

A continuación, despois de repoñer forzas, realizamos un circuíto de habilidades e destrezas. Dous equipos enfrontados, loitando contra o crono, para superar as diferentes estacións ou postas. Estas eran moi variadas, dende carreiras de relevos con obstáculos ou materiais tradicionais, ata equilibrios e xogos cooperativos.

Por último, xogamos ao béisbol. É un deporte o que non adoitamos xogar, pero divertido e moi estratéxico. O obxectivo de cada equipo é conseguir maior número de “carreiras” que o seu rival. Unha “carreira” lógrase cando o bateador percorre todas as bases. Este só pode desprazarse dunha base a outra no tempo que transcorre desde que a bóla é bateada ata que esta é devolta a unha base polos xogadores do equipo contrario.

Post relacionados

Padrinos lectores 2019Padrinos lectores 2019

Otro año más queremos hacer un breve homenaje a la labor que realizan los niños y niñas de Primaria cada curso. Cada semana eligen una lectura para compartir con su ahijado o ahijada lectora. Una actividad que tiene grandes beneficios para ambas partes y que exige de una responsabilidad extra a los padrinos y madrinas.

(máis…)