O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.
(máis…)
Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.
(máis…)
Os alumnos de 5º de Eduación Primaria realizaron uns vídeos para a campaña “Contra O Acoso Escolar”, dentro do marco das actividades TEI de este 2º trimestre.
(máis…)
Alumnos, profesores e demais membros da Comunidade Educativa non queremos ser cómplices do acoso, nin das inxustizas, non queremos gardar silencio.
Por iso, o 2 de maio, día internacional contra o acoso escolar, falamos e expresamos os nosos desexos de erradicar esta situación. Plasmámolo neste vídeo.
(máis…)
Un grupo de alumnos de 4 da ESO, en representación da clase de Educación Plástica Visual e Audiovisual, recibiu o premio na categoría audiovisual no 19º concurso de Poesía e Imaxe, organizado polo Concello de Ferrol.
(máis…)
Os alumnos de 1º da ESO gozaron dunha fantástica xornada cultural en Santiago. Primerio, visitaron o MUPEGA onde viron exemplos de distintas aulas históricas dos colexios galegos. Despois, visitaron a exposición itinerante de Leonardo da Vinci, e manipularon moitos dos inventos deste xenio do Renacemento.
(máis…)
Los alumnos de 2º de ESO: Belén, Alejandro y Laura participaron en el concurso de Relato Corto en Lengua Gallega, el día 15 de marzo. Noela, Pelayo, Celia y Paula lo hicieron en Lengua Castellana, el día 22.
(máis…)
Os alumnos de Cultura Científica de 4° ESO traballaron na elaboración dun vídeo sobre o Sistema Solar e os planetas.
(máis…)