Axudas libros de texto 2024/25

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2024/25, o procedemento ED330B: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO). Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/24.
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.
  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Normativa: ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo de presentación: desde o 21/05/2024 e rematará o día 21 de xuño de 2024. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

Presentación

Electrónica: Utilice a aplicación fondolibros (deberá presentar unha solicitude por cada fillo).

Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

Máis información

Post relacionados

Axudas NEAE 2022/2023Axudas NEAE 2022/2023

Axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2022/2023

Convocatoria: Resolución pola que se convocan as axudas; Anuncio da convocatoria (BOE do 18 de maio de 2022)

Prazo aberto ata o: 30 de setembro de 2022 (inclusive)

As axudas citadas soamente están destinadas a aqueles alumnos que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da súa discapacidade ou transtorno grave de conducta, ou ben, asociados a altas capacidades intelectuais.

Tramitación

Realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.

Máis información na web do Ministerio de Educación.