Unha vez realizada a votación, a cargo do alumnado dos cursos de 3º a 6º de Educación Primaria, do mellor monicreque, xa vos podemos presentar á parella gañadora.
(máis…)
Unha vez realizada a votación, a cargo do alumnado dos cursos de 3º a 6º de Educación Primaria, do mellor monicreque, xa vos podemos presentar á parella gañadora.
(máis…)
A Diputación Provincial da Coruña concédelle ao Concello de Narón 13 prazas para a participación na “Campaña de Esquí 2019”, na 3ª quenda (do 8 ao 11 de febreiro de 2019). Os interesados deberán entregar no Rexistro do Concello de Narón a ficha de inscrición con data límite do 10 de xaneiro de 2019.
(máis…)
En negro contra as violencias é unha iniciativa na que se implicaron un cento de concellos galegos para conmemorar cunha serie de actividades O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25N).
O pasado 4 de outubro persoal da Asociación ARELA (entidade galega que ten como misión fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da xuventude de Galicia en situación de desprotección e/ou conflito social) impartiu, ao igual que en anos anteriores, unha charla sobre a Lei do Menor dirixida ao alumnado de 2º da ESO.
Esta actividade está contemplada no seu Programa de Prevención de condutas infractoras, denominado KTORCE-18, en alusión ás idades que abarca.
Felicitamos ás nosas alumnas Alba Seoane Díaz, de 5º A, e Jana Fernández Pérez, de 6ºA, por seren seleccionadas, de entre máis de 10.000 traballos, como finalistas do deseño dunha xoia para a súa nai. (máis…)