Os máis pequenos de Primaria celebramos por primeira vez Thanksgiving, unha festa que se remonta ao ano 1620.
Vimos varios vídeos de debuxos animados nos que uns “pilgrims”, que vivían nunha illa moi grande, realizaron unha viaxe, durante varios meses, nun barco chamado Mayflower, e chegaron a Plymouth. Alí non tiñan moita comida e estaban enfermando, ata que chegou un grupo de indios americanos que os axudou e lles ensinou trucos para cazar, pescar e plantar. Os resultados foron moi bos, polo que os indios e peregrinos fixeron unha súper festa para dar as grazas por esa comida: pavo, maínzo…
Ademais, decoramos varios “turkeys” diferentes e fixemos traballos manuais con debuxos relativos con este día.
Os maiores tamén traballamos en proxectos relacionados coa orixe desta festa. Creamos os nosos propios Mayflowers e mesmo discotecas Thanksgiving…
Agradecemos ter unha festa máis para celebrar!