O día 9 de febreiro, grazas á ONG Manos Unidas, visitounos José, un misioneiro sacerdote.


Mostrounos, a través de imaxes, como era a vida na República Democrática do Congo, país, que a pesar de ser moi rico en recursos naturais, a súa poboación non ten as necesidades básicas cubertas.
Despois da charla, os alumnos de 4º a 6º, fixemos unha rolda de preguntas, xa que nos entrou moita curiosodade por ter máis información sobre a vida e costumes dos congoleños.

