Os alumnos de 4º da ESO, acompañados pola directora, Berta; a titora, Conchi; a orientadora, Isabel; e Gabriel (alumno en prácticas do Máster en Orientación e Intervención Psicopedagóxica), visitamos o día 10 de febreiro o Campus de Ferrol: Esteiro e Serantes.

Recibimos información, moi interesante, de diferentes especialidades; e percorremos os edificios, que teñen unha fermosa arquitectura.

Non nos faltou un tempo de lecer, no que puidemos gozar dun saboroso chocolate con churros.

Agaredésmolle a todo o persoal o tempo que nos dedicaron, e os ánimos que nos transmitiron para seguir estudando e facer aquilo que, en verdade, desexemos.