Charla TDAH

Durante o mes de marzo realizamos unhas charlas sobre TDAH.

A finalidade é dar a coñecer entre os nosos alumnos este trastorno, erradicar mitos, sensibilizar e potenciar a tolerancia á diversidade, ademais de dotalos de estratexias para manexar diferentes situacións. Dar visibilidade ás diferenzas forma parte do noso traballo coma educadores. Este é un paso máis para a INCLUSIÓN.

Todos amosaron moito interese co tema. Foi todo un pracer responder ás súas inquedanzas e, sobre todo, observar os seus rostros nobres, cheos de boas intencións, que esperamos traspasen os muros do noso centro e contaxien esa enerxía, tolerancia e respeto que nos manifestaron.

Post relacionados

Papiroflexia – 5EPPapiroflexia – 5EP

O alumnado de 5º de Primaria participou no obradoiro de papiroflexia para comprender, paso a paso, as diferentes partes dos corpos xeométricos e a formación de pequenos animais. Todos se implicaron e gozaron coa tarefa. Quedoulles moi bonita a decoración, e cada un/unha elixiu uns motivos diferentes. Foi un éxito.

Parabéns a todos!

(máis…)