Día da PAZ 2019

Os nenos de infantil e  primaria  celebramos, o 30 de xaneiro,  o día da PAZ. Decoramos uns medallóns con diferentes cores e unha pomba para facer uns colgantes.

Ademais, ensaiamos unha coreografía e unha canción que se chama:

“A Polca da Paz”

Foi moi divertido porque bailamos uns con outros cambiando de parellas durante a canción.

Fixemos murais que colgamos nas paredes do pavillón, e vimos como soltaban as pombas conmemorando este día.

PAZ PARA TODOS!

“A paz comeza cun sorriso”
Madre Teresa de Calcuta

Post relacionados