Tolerancia e harmonía

Reivindicar a tolerancia para que todos vivamos nun mundo mellor é fundamental. Por iso, algúns dos alumnos de sexto fixemos un mural composto de colaxes creativos e contámoslles aos nosos compañeiros a nosa visión sobre a tolerancia, a súa importancia e qué podemos conseguir con ela.

A tolerancia é a calidade de quen respecta as opinións, ideas ou actitudes das demais persoas, aínda que non coincidan coas propias.

“Penso que para conseguir vivir en paz, temos que ser tolerantes”.

“Debemos respectar os gustos e crenzas de todo o mundo”.

“Todas as persoas deben ser respectadas, aínda que sexan doutros países ou doutras razas”.

Ademais, outros alumnos de sexto puidemos decorar mandalas, palabra de orixe sánscrita que significa círculo. Estas representan a unidade, a harmonía e o infinito do universo mediante o equilibrio dos elementos visuais.

As mandalas reproducen a estrutura de elementos concéntricos que representan a composición repetitiva do universo e da natureza.

Estas son algunhas das nosas creacións…

Post relacionados

Papiroflexia – 5EPPapiroflexia – 5EP

O alumnado de 5º de Primaria participou no obradoiro de papiroflexia para comprender, paso a paso, as diferentes partes dos corpos xeométricos e a formación de pequenos animais. Todos se implicaron e gozaron coa tarefa. Quedoulles moi bonita a decoración, e cada un/unha elixiu uns motivos diferentes. Foi un éxito.

Parabéns a todos!

(máis…)