Os nenos de infantil e primaria celebramos, o 30 de xaneiro, o día da PAZ. Decoramos uns medallóns con diferentes cores e unha pomba para facer uns colgantes.
Ademais, ensaiamos unha coreografía e unha canción que se chama:
“A Polca da Paz”
Foi moi divertido porque bailamos uns con outros cambiando de parellas durante a canción.
Fixemos murais que colgamos nas paredes do pavillón, e vimos como soltaban as pombas conmemorando este día.
PAZ PARA TODOS!
![](http://cprsantiagoapostol.com/wp-content/uploads/2019/02/MedallaPAZfinal.jpg)
Madre Teresa de Calcuta