O patio debe ser ese lugar onde todos gocen, compartan, se relaxen… Ás veces isto non é así.

Aos ollos dos mestres e dalgúns compañeiros, quedan rapaces e rapazas que, por diferentes cuestións, non comparten este momento.

A nosa labor, como educadores, continúa sendo moi importante neste espacio de xogo. Por iso, implantamos este curso “PATIOS DINÁMICOS”, unha estratexia metolodóxica pola inclusión..

Tres mestres, a maiores dos das gardas habituais de patio, un día á semana, poñen os chalecos fluor e, con moito entusiasmo, dirixen varios xogos durante o recreo.

Así que xa sabedes, a partir de agora, os patios de Primaria teñen “uns novos e aloucados compis” de recreo!

A GOZAR TODOS XUNTOS!