A importancia dun segundo
Os alumnos de 4º de ESO, A e B, asistiron o día 21 a unha charla sobre os perigos de conducir baixo os efectos do alcohol ou drogas, ou de acompañante nun coche no que o seu condutor estivese baixo estes efectos.

Ademais, realizaron unha práctica con uso de simulador de moto e actividades empregando gafas de simulación de alcohol.




A información foi moi interesante. Agradecémoslles a Pedro e a Tino todo o que nos ensinaron e como nos achegaron a unha realidade que semella estar lonxe, mais non é así.