O día 25 de xaneiro,
os alumnos de 4º da ESO acompañados polo director, Julio, e a titora,
Conchi, asistiron a diferentes actividades no concello de Narón: Visita guiada
da exposición sobre o holocausto na biblioteca municipal. E, a continuación,
Cerimonia das candeas no salón de plenos do concello.
Os alumnos de 3º de Primaria, durante varias semanas, realizamos moda en miniatura. Trouxemos das nosas casas diferentes prendas dos nosos bonecos ou de cando eramos máis pequenos. Outros confeccionámolas con materiais variados: plastilina, papel, tea. Escribimos unha etiqueta co nome da prenda en inglés, e fixemos unha presentación nesta mesma lingua para os nosos compañeiros da clase, explicando o que levabamos posto.