Amante da maxia e das manualidades
Con Lía, a nosa estrela da semana, vimos unha presentación con fotos do que lle gusta facer: coñecer lugares novos, disfrazarse, patinar, cociñar, ir de vacacións, e, sobre todo, xogar cos seus amigos.


Asombrounos cos seus trucos de maxia: Un libro coas páxinas en branco pasou a estar cheo de debuxos con cor; nun tarro pequeno baleiro creceu, de súpeto, unha preciosa flor.
Incrible!


Logo, realizamos todos unha manualidade: Un adorno con arroz, lentellas, fabas, pasta e garavanzos.


Quedounos precioso!
Por último, unha sorpresa. Lía fixo un colgante para cada compañeiro e, tamén, para a profe.
Cun boli de xel e purpurina escribímoslle a nosa inicial.